Cuestionario Temas 3-4

TEMA 3 - Que é o feudalismo? En que século nace e por que causas? - Explica os termos: investidura/vasalaxe/ceremonia da homenaxe/señor/ -Que significa que a sociedade era estamental? Que tres funcións tiñan repartidas os grupos sociais? Cañes eran privilexiados? En que consistían os privilexios? Qque era a alta nobreza? E a baixa? - Que dous tipos de relación de dependencia existían? Entre que grupos sociais se establecían? Que xuraban os nobres ao rei? - Situa sobre unha piramide aos distintos grupos da sociedade feudal (páx 64), e explica as súas principias características. - Cales eran os poderes do rei? Explica a diferencia entre ser rei por elección ou por herencia.Qque significa “primun inter pares”( primeiro entre iguais). De onde proviña o poder real? Que institución avalaba esta orixe? -Que era o Consello Real? E as Cortes? -Que era un cabaleiro?Que etapas pasaba na súa educación, e cando se armaba?Que armas usaba?Que era “velar armas”? - Como dividiron os reis o territorio para poder gobernalo? Explica que e un feudo, e os seguintes termos relacionados: reserva señorial/ manso/ barbeito/ servos. - Que é un castelo? Que partes principais tiña? Explica o significaco dos seguintes termos: torre da homenaxe/almea/matacán/ adarve/ barbacá/ponte levadiza/seteira -Que tipos de campesiños había? Como era a vida dun campesiño, e que porcentaje de poboación representaban? -Que dous tipos de clero hai? Fai un organigrama da organización da igrexa.Que actividades facía no terreo político, económico e social -Explica os termos: paz de Deus/ tregua de Deus/excomunión -Que foron as cruzadase e entre que séculos se desenvolveron?Por que se produciron? -Que e un mosteiro?Quen mandaba nos mosteiros, e que buscaban os monxes ao entrar neles?Cal foi a orde máis importante na baixa idade media e quen a fundou? -Explica os seguintes termos relacionados: sala capitular/ refectorio/ scriptorium/ adega/ hospedería/ claustro - Cando aparece a arte románica?Cal é a súa característica principal?Ten algo que ver con Roma ou cos romanos?Explica e recoñece nunha imaxe os seguintes elementos da arte romanica: arco de medio punto/ciborio/cruceiro/absida/absidiolo/Planta de cruz latina/plantade cruz grega/planta basilical /contraforte/ bóveda de canón e de aresta/ seteira/ transepto/ timpano/ parteluz/ canzorro/óculo xirola/triforio ou tribuna/parteluz, lintel, témpano, arquivoltas, xambas (exercicios das paxs 76 e 81) - Explica as principais características da escultura e pintura románicas. - Explica e recoñece nunha imaxe os seguintes termos relacionados coa escultura e pintura romanicas: fresco/ miniatura/ pantocrator/tetramorfos/ imaxe simbólica/crismon/. Onde se situaban as pinturas e esculturas nunha igrexa? - Cales foron as dúas representación máis usuais da escultura medieval? Onde se esculpía? Que outras esceas se representaron?. Como se representaba á virxe e o neno? TEMA 4 - En que ano chegaron a Hispania os musulmáns?Quen os dirixia?En que batalla comezou a invasión, e contra quen foi? - Fai un cadro coas distintas etapas do Islam, o que século sucederon, as personaxes máis importantes, e os acontecementos máis significativos. Explica o significado de califa, emir, hachib, diwan, valí e cadí -A que se chama reinos taifas? A quen pediron axuda para parar o avance cristián? Cal foi o último reino e o ultimo gobernante islámico? - Escribe distintas aportacións da cultura islámica (cinco) - Describe os cinco grupos sociais que compoñian a sociedade islámica ( árabes, bérberes, muladís, mozárabes, xudíos). Explica o significado de: jassa e amma. - Que son unha escola coránica e unha madrasa? Gustáballes a hixiene, arranxo persoal, perfumes...? Cal era a baase da economía? Cita produtos agrícolas e artesáns importantes - Recoñece nunha imaxe os seguintes elementos da arte islámica: “horror vacui”/ arco de ferradura/ arco lobulado-polilobulado/ mocárabes/arcos entrelazados/arco túmido) arco entibado/ arco angrelado/ arco festoneado/ entrelazados/ decoración de sebka/ alicatados/ decoración caligrafica/estuco/artesonado/alfiz. Que era a maxura? -Identifica os seguintes monumentos: Mezquita de cordoba/Torre del Oro/ Alhambra de Granada/ Giralda de Sevilla/ Alfarería de Zaragoza/ Medina Azahara - En que século se descubre a tumba se Santiago? Que rei de Asturias veu a Santiago e mandou construir a primeira igrexa para acoller os restos do apóstolo? -Cita os nomes dos cinco camiños máis importantes? Nun mapa situa as cinco localidades máis importantes polas que pasa o Camiño Francés. -Explica que eran as seguintes pezas da roupa dun peregrino: bornal/chapeu/escravina/bordón. Que é un milladoiro? - Recoñece nunha imaxe a Catedral de Santiago e o Pórtico da Gloria. Explica as principais característica.Quen construíu a catedral e esculpíu o Pórtico da Gloria?

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

O Islam

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

O Imperio carolinxio

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Cuestionario Temas 1-2

TEMA 1: OS IMPERIOS BIZANTINO E CAROLINXIO - Que emperador trasladou a capital do imperio a Bizancio? En que século?Por que motivo? Que nome lle puxo, e como pasou a chamarse esta cidade a partir da súa morte? - En que ano e que emperador dividiu o imperio romano entre os seus fillos? - Como se lles chamou ás dúas partes do imperio, e quen foi o seu primerio emperador? -Cando desapareceu a parte occidental do Imperio? Cal foi o último emperador? Quen o destituíu? Para moitos historiadores que novo período comeza? - Cando desaparece a parte oriental do Imperio? Quen o conquista? - En cantos períodos se divide a historia do imperio oriental? Que nome reciben, e cal é o feito máis salientable? - Quen foi Xustiniano? En que século viveu, e que tres actuacións moi importantes realizou? - Marca nun mapa a liña de división do imperio romano, e as fronteiras do imperio de Xustiniano -Que significa a palabra basileus? Que nome recibían as provincias do Imperio oriental, e quen as dirixía? - Que tres elementos principais unificaban todo o imperio oriental, e cal era a base da súa economía? -Que niveis ou categorías formaban a sociedade bizantina? -Que foron as loitas iconoclastas e en que século se produciron? - A que chamamos Cisma de Oriente,cando ocorreu e cal foi a consecuencia? -Que significa o termo “discusión bizantina” - Que dous edificios salientan na arquitectura bizantina? Por que?. Debes saber recoñecelos nunha foto. - En que dous aspectos salienta a arte biznatina? - Cita algunha característica típica das imaxes bizantinas, e nomes de realizacións salientables. Debes saber recoñecelas nunha foto -Quen foi Carlomagno e en que século vivíu?De quen era fillo e neto?Como se chama ao seu imperio? E que límites aproximados tiña - Que proclamou emperador a Carlos? Foi importante este feito? - Cita tres realizacións importantes do seu reinado - En que dividíu o sen imperio para gobernalo mellor?Que xuramento realizaban ao seu rei? - Cal era a base da economía do seu imperio, e que estamentos sociaais había? - Definir e saber identificar nunha ilustración: feudo, reserva señorial, manso, latifundio, barbeito -Que lingua se impuxo para a cultura no seu imperio?Foi unha época importante para a cultura? Por que motivo?Quenes foron os escargados de manter viva a cultura? - Cita algunha característica da arte carolínxia. Que son miniaturas e letras capitais -Cal foi o edifico máis importante desta época? -Describir en dúas liñas como era a capela palatina Que trata asinaron os netos de Carlos para repartirse o imperio do seu avó? Que parte lle tocou a cada un? En que século se dividíu o imperio carolínxio? TEMA 2: O ISLAM -En que século e lugar nace o Islam? Que significa este nome? Que cidades son fundamentais e por que motivo? -A quen se lle revelou o arcanxo Gabriel que era o novo profeta? En que libro está recollida a nova doutrina? Que significa musulmán? - Que feito e ano é tomado como base para o calendario musulmán? - Cales son os cinco piares básicos do Islam? - Explica os seguintes termos: imán/ ulema/ profeta/califa/emir/cadí/valí. - Tras da morte do fundador en que dúas grandes correntes se divide o islam? Como se chama ao sucesor do profeta e que poderes ten? - Marca nun mapa os limites da expansión militar do Islam. Marca a situación das cidades orixinarias e das duas primeiras capitais do imperio. Localiza os tres puntos onde foron derrotados. Que son Koras - Que é unha mesquita? Que son e para que serven as seguites partes: mihrab/quibla/Mimbar/haram/alminar ou minarete/fonte das ablucións - Como se chamaban as dúas primeiras familias que gobernaron o impreio islámico. Onde estableceron as súas capitais. Como pasou o poder dunha á outra? - De que maneira extenderon a nova fe os primeiros gobernantes? E a seguinte dinastía? - Como era o trato aos pobos conquistados? Respectaron a algún grupo religioso? Por que? - Escribe distintas aportacións da cultura islámica (cinco) -Explica os seguintes termos dunha cidade islámica: zoco/ alfóndiga/ alcazaba/sinagoga/alcazar/alcaría/arrabalde/medina/almunia/alfama ou xudaría. - Explica e recoñece nunha imaxe os seguintes elementos da arte islámica: “horror vacui”/ arco de ferradura/ arco lobulado-polilobulado/ mocárabes/arcos entrelazados/arco tumido) arco entibado/ arco angrelado/ arco festoneado/ entrelazados/ decoración de sebka/ alicatados/ decoración caligrafica/estuco/artesonado/alfiz/ bóveda apuntada/ bóveda bulbosa/ bóveda gallonada

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Sociedades tradicionais

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Os habitantes da Terra

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Reis da Casa de Austria

OS REIS DA CASA DE AUSTRIA


1517 Carlos V (Alemaña) / I (España)

Fillo Dna Xoana de Castela e D. Filipe de Habsburgo. Educado en Flandres chega a España sen falar español e arrodeado de conselleiros extranxeiros. Convoca as Cortes para pedir cartos para a súa coroación como emperador, e cando marcha en 1520 estoupan os conflictos :
CONFLITOS NO INTERIOR
-Revolta das Comunidades: en varias cidades de Castela fidalgos e comerciantes protestan polas leis comerciais que acaban nunca revolta antiseñorial de cmpesiños conducidos por Padilla, Bravo e Maldonado, que tras ser derrotados en Villalar son axustizados.
Revolta das Xermanías: O mesmo ano da derrota de Villalar estoupa na Coroa de Aragón outro conflicto de campesiños e artesáns polos arrendamentos do campo e o acceso aos cargos nos concellos. Piden ao rei que os protexa, pero este alíase cos nobres e dous anos despois son derrotados.
CONFLITOS NO EXTERIOR
Están motivados pola defensa da autoridade como emperador e do catolicismo
- Enfrontamento con Francia: Tras varias batallas co rei Francisco I pola supremacía europea, derrotouno en Pavía (1525)
- Enfrontamento cos turcos por terra ( no Danubio) e mar. Ocupa Tunes
- Enfrontamento con Alemaña: Os príncipes alemáns apoiaron a Lutero e  enfrontáronse á autoridade política do emperador comezando unha loga guerra de relixión. Logo dalgún éxito inicial ten que asinar a Paz de Augsburgo (1555) concedende a liberdade de culto en igualdade a católicos e protestantes nos estados alemáns.

1556 Filipe II

Canso de guerras Carlos abdica no seu fillo Filipe, pero non lle deixa nin os territorios de Austria nin o título de emperador, que llo dá ao seu irmán.Vivirá aínda dous anos máis
Filipe traslada a capital a Madrid (1561) e constrúe o Escorial, desde onde goberna.En 1581, froito da política matrimonial anexiónase Portugal.
CONFLITOS NO INTERIOR . Perseguíu coa Inquisición aos sospeitosos de herexía ou de ter antepasados xudeos ou musulmáns ( limpeza de sangue). En 1567 Sublevación das Alpuxarras : Producíuse por prohibir aos mouriscos de Granada o uso da súa lengua, vestidos e costumes. Logo de tres anos de loita os mouriscos foron derrotados e 80.000 espallados pola Península.
CONFLITOS NO EXTERIOR:
- Enfrontamento con Francia: Vence na batalla de San Quintín (1557)
- Enfrontamento cos turcos: Con Venecia e o Papa vence na Batalla de Lepanto (1588)
- Enfrontamento con Inglaterra: Polo seu apoio aos protestantes e os ataques ás flotas que viñan de América. Contrúe a Armada Invencible que é destruída polos temporais (1588)
- Enfrontamentos con Flandres: As disputas religiosas cos calvinistas e os impostos elevados provocan a sublevación encabezada por Guillerme de Orange que acabou cos territorios divididos en d´çuas zonas: Holanda protestantes e o sur católico.

1598  Filipe III

Fillo de Filipe II é o primiero que deixa o goberno nas mans dun valido  ( especie de primeiro ministro), o Duque de Lerma que asina con Holanda a Paz dos Doce anos ( prácticamente un recoñecemento de independencia)
Expulsión definitiva dos mouriscos ( 300.000 ) que deixa sen campesiños amplas zonas do sur

1621  Filipe IV
Nomea como valido ao Conde-duque de Olivares, partidario de impoñerse pola guerra consegue algunas victorias ao principio (Breda), pero una derrotya definitiva en Rocroi termina co poderío militar dos terzos españois.
A Paz de Westfalia (1648 termina coa guerra e a hexemonía española en europa.
Conflitos interiores: A guerra empobreceu e despoboou Castela, o que provoca o levantamento de 1640 en Cataluña, Andalucia E Portugal. A guera con Cataluña ( axudada por Francia) rematou doce anos despois coa paz dos Pireneos, na que se ceden a francia territorios como Rosellón e Cerdeña
Portugal sepárase definitivamente de España proclamando rei ao Duque de Branganza ( Xoán IV ) logo dunha guerra co apoio de Francia e Inglaterra, que os galegos padecemos en cartos e homes máis que o resto da coroa, ao fixarse en Pontevedra a Capitanía Xeral  e levar o peso da guerra.

1665-1700 Carlos II
A incapacidade do rei e a corrupción dos validos traen como consecuencia a crise económica e a desaparición da escea internacional. Ao morrer sen descendencia ábrese un conflito sucesorio entre dous candidatos, o francés ( Filipe de Borbón) e o austríaco (Carlos de Austria). Ao vencer Filipe comeza o reinado dos Borbóns en España

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Arte renacentista español

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Arte Barroco

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Os grandes descubrimentos xeográficos

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Culturas precolombinas

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS