RECUPERACIÓN SUSPENSOS 2º CURSO

RECUPERACIÓN SETEMBRO 2º CURSO Temas 1 - 9 (historia) Obxectivos mínimos que se deben acadar para a aprobar as c. sociais de 2º de ESO Tema 1: • Coñecer cando e quen divide o Imperio Romano, o motivo da división, e as consecuenzas desta decisión. • Coñecer que é o Imperio Bizantino, a súa extensión, capital, e características principais. • Coñecer os tres grandes períodos nos que se divide este imperio, e o seu emperador máis importante • Saber como se organizaba e administraba o Imperio e as características máis salientables da súa sociedade (saber facer a súa pirámide social), e economía. • Coñecer que foron as loitas iconoclastas e o Cisma de Oriente. • Coñecer e identificar en imaxes os elementos fundamentais da arquitectura (Santa Sofía), pintura (iconas) e mosaicos ( Rávena) bizantinos. • Coñecer que eran os francos, e como Carlomagno chega a crear un imperio . • Saber como se dividía e gobernaba o imperio carolínxio (marcas, condados, missi dominici...) • Coñecer os rasgos máis importantes da sociedade e economía deste imperio. • Coñecer e identificar en imaxes o conxunto palacego de Aquisgrán, e os elementos fundamentais da súa arte ( miniaturas). Exercicios recomendados: Páx 22. Activid. 1-2 / Páx 25. Activid. 1-2-4-5 / Páx 26. Activid. 3/ Páx 28. Activid. 1-2-3-4 / Páx 30. Activid. 1- 2-4/ Páx 33. Activid. 1-3. Copiar mapa disgregación do imperio carolínxio/ Páx 34. Activid. 1-4/ Páx 38. Activid. 1-2-6 / Tema 2: • Coñecer as principais características do Islam e a organización social das sociedades islámicas. • Coñecer os lugares sagrados do Islam e as súas principais manifestacións culturais. • Localizar nun mapa o lugar de orixe e a expansión do Islam no mundo e en Al-Ándalus. • Identificar e sinalar en imaxes as principais características da arquitectura e arte musulmá. • Coñecer os grupos sociais que a formaban, e a súa base económica. • Saber que partes hai nunha cidade árabe, e cal era a súa función. • Coñecer que é unha mesquita, e as súas partes. • Coñecer os principais monumentos musulmáns: A Meca, Alqsa... • Coñecer e definir o vocabulario e conceptos específicos do tema. • Comentar cuestións a partir da observación de imaxes, mapas e textos históricos que se indican nos exercicios. Exercicios recomendados: Páx 42. Activid. 1-2 / Páx 45. Activid. 1-3. Copiar o mapa da expansión do Islam / Páx 49. Activid. 2/ Páx 50. Activid. 1 / Páx 51. Activid. 1/ Páx 53. Activid. 1- 3-4/ Páx 56. Activid. 1/ Páx 57. Activid. 7. Tema 3: • Explicar os factores que propiciaron a aparición e o desenvolvemento do feudalismo tras a morte de Carlomagno. Quen foron os normandos ou viquingos, e de onde viñan? • Entender que son os pactos de fidelidade e vasalaxe e os distintos grupos sociais que integraban o sistema feudal. • Saber que era un feudo, e as partes nas que se dividía. • Explicar nunha imaxe a composición dos estamentos da sociedade medieval, a súa función e dereitos.Que era unha sociedade estamental? • Coñecer as funcións da monarquía feudal e da Curia Rexia ou Consello Real. • Identificar nunha imaxe as partes principais dun castelo medieval. • Saber como vivían os campesiños durante a Idade Media, e que tipo de relacións mantiñan cos señores feudais. • Recoñecer a importancia da Igrexa e os mosteiros na Idade Media. • Coñecer e identificar en imaxes os elementos fundamentais da arquitectura, pintura e escultura románica. Exercicios recomendados: Páx 60. Activid. 1-2-3 / Páx 63. Activid. 1-2/ Páx 64. Activid. 1-2-3/ Páx 67. Activid. 1-2-3-5 / Páx 68. Activid. 1-2/ Páx 71. Activid. 1/ Páx 73. Activid. 1-2-4/ Páx 74. Activid. 1-2/ Páx 76. Activid. 1-2-3/ Páx 81. Activid. 4-5. Tema 4: • Localizar nun mapa a expansión do Islam en Al-Ándalus. • Coñecer as diferentes formas de goberno existentes en Al-Ándalus ao longo dos séculos. • Coñecer os grupos sociais que formaban a sociedade andalusí, e a súa base económica. • Identificar e sinalar en imaxes as principais características da arquitectura e arte e recoñecer a importancia da herdanza musulmá na nosa cultura e patrimonio. • Coñecer os principais monumentos de época andalusí que se conservan no noso territorio: Mezquita Córdoba, Alhambra, Xiralda, Torre del Oro... • Coñecer e definir o vocabulario e conceptos específicos do tema. • Comentar cuestións a partir da observación de imaxes, mapas e textos históricos que se indican nos exercicios. • Coñecer a creación e a evolución do primeiro reino cristiano: o reino de Asturias. • Coñecer a función da Marca Hispánica e creación e a evolución dos reinos de Navarra, Aragón e os condados cataláns. • Comprender o que eran as repoboacións e os tipos. • Coñecer a base da economía dos reinos cristiáns. • Saber que é a arte prerrománica, a arte mozárabe e a románica. • Explicar a importancia dos Camiños a Santiago. Coñecer o itinerario e cidades importantes polas que pasaba o Camiño francés, e os usos e indumentaria dos peregrinos. Coñecer a importancia do Camiño na difusión dos movementos artísticos medievais. • Explicar os momentos da anexión de Galicia ao reino astur-leonés. • Detallar e as razóns da breve presenza musulmana en Galicia. • Explicar como se iniciou a peregrinación xacobea. • Identificar nun mapa a evolución das fronteiras entre cristiáns e musulmáns na Península nos inicios do século X. • Recoñecer e comentar en imaxes a catedral de Santiago. Exercicios recomendados: Páx 85. Activid. 1-2-3 / Páx 87. Activid. 1-3/ Páx 89. Activid. 1/ Páx 92. Activid. 1-2-3 / Páx 95. Activid. 3-4-5/ Páx 96. Activid. 2/ Páx 98. Activid. 1-2/ Páx 99 Copiar mapa e localidades principais do Camiño de Santiago/ Páx 102. Activid. 1-3-4-6-7. Tema 5: • Coñecer os aspectos básicos do mapa europeo entre os séculos XI-XIII • Saber cales foron os cambios políticos máis importantes deste período (Parlamentos, Poder real...) • Coñecer as grandes innovacións que se producen na agricultura, e as consecuenzas. • Coñecer as razóns da revitalización ou a orixe da cidade medieval, e Identificar os principais espazos da cidade medieval. • Recoñecer nun mapa os grandes centros mercantís e as rutas comerciais da Idade Media. • Coñecer a composición e o funcionamento dos gremios medievais • Identificar aos grupos sociais que habitaban a cidade medieval. Explicar as revoltas e os conflitos urbano • Explicar o aumento do poder real co apoio da burguesía. • Identificar nunca imaxe os elementos característicos dunha catedral gótica • Comentar as características básicas de obras representativas da pintura e escultura gótica. • Identificar as causas e consecuencias da crise económica, social e política que tivo lugar na Baixa Idade Media. Exercicios recomendados: Páx 106. Activid. 1-2 / Páx 109. Activid. 1-2/ Páx 111. Activid. 1-3/ Páx 112. Activid. 1/ Páx 114. Activid. 1-3 / Páx 117. Activid. 1/ Páx 118. Activid. 1-2/ Páx 120. Activid. 1-3-4/ Páx 123 1-2-3 Copiar mapa da peste/Páx 127. Activid. 5-6. Tema 6: • Explicar que son os reinos de taifas, e de que se compoñían. Cal foi o último reino taifa? Que eran as parias? • Coñecer a ofensiva dos reinos cristiáns entre os séculos XI e XII e a reacción islámica coa entrada dos almorábides e almohades. • Localizar nun mapa o desenvolvemento da Reconquista no século XIII. • Explicar a orixe do reino de León e do reino de Castela, e a súa evolución ata o século XV • Coñecer a consolidación dos reinos hispánicos orientais. • Explicar nun esquema a organización e as institucións de goberno dos reinos de Castela e Coroa de Aragón. • Detallar as actividades económicas desenvolvidas durante os séculos XII ao XIII. • Explicar o comercio da Coroa de Castela e a súa expansión. • Coñecer a expansión comercial da Coroa de Aragón polo Mediterráneo. • Coñecer os aspectos básicos da sociedade e vida cotiá desta época. Describir o trato que se lle deu á poboación islamizada (mudéxares) e xudeos das terras reconquistadas. • Coñecer as aportacións culturais características: Escola de Tradutores de Toledo, estilo mudexar. • Coñecer a organización social da Galicia feudal, e os cambios producidos pola crise dos séculos XIV e XV. • Identificar os conflitos sociais de Galicia a finais da Idade Media e as causas destes enfrontamentos. • Coñecer as principais mostras de arte románica e gótica en Galicia, con atención especial á Catedral de Santiago. Exercicios recomendados: Páx 131 Copiar mapa do Reino de Granada/ Páx 133. Activid. 1/ Páx 135 Copiar mapa expansión territorial/ Páx 136. Activid. 1-3 / Páx 139 Copiar mapa das rutas comerciais/ Páx 140. Activid. 1-2-3/ Páx 142. Activid. 1/ Páx 144. Activid. 1-2. Tema 7: • Coñecer os obxectivos das grandes viaxes, e os descubrimentos científicos e técnicos que permitiron as grandes expedicións. • Saber onde e quen comezou as viaxes de exploración. • Que navegantes abriron o camiño de Asia aos europeos? • Saber en que tratado España e Portugal repatiron as súas áreas de influenza, e en cal se repartiron o mundo. • Explicar como se produciu o descubrimento do continente americano. • Identificar aos seus protagonistas e a traxectoria da primeira volta ao mundo. • Identificar e localizar nun mapa as grandes civilizacións precolombianas e relacionalas cos principais conquistadores e exploradores. • Coñecer as principais características da sociedade colonial. • Coñecer as características das monarquías autoritarias e os instrumentos dos que se valeron para gobernar. • Coñecer os cambios máis importantes demográficos, económicos e sociais na Europa do XV. • Entender as causas da reforma eclesiástica protestante, e os principios básicos da Reforma luterana diferenciándoa doutras doutrinas reformistas. • Analizar a reacción da Igrexa católica e o proceso de Contrarreforma relixiosa (Concilio de Trento). • Explicar as principais características do humanismo e do pensamento humanista. • Explicar a importancia da invención da imprenta de Gutenberg na difusión do Humanismo así como a contribución das academias e as universidades. • Explicar que é o Renacimento, onde apareceu, e cales son os períodos do Renacemento italiano. • Recoñecer as características máis importantes da arquitectura, pintura e escultura renacentistas, e saber comentar elementos básicos en imaxes de autores e obras representativas do Quattrocento e o Cinquecento italiano • Coñecer os aspectos máis salientables do Renacemento en Flandres, Alemaña e Francia. • Definir e utilizar con precisión o vocabulario introducido neste tema. Exercicios recomendados: Páx 152 Activid. 1-2-4/ Páx 156. Activid. 1-2/ Páx 158 Activid. 1-3/ Páx 161. Activid. 1-2 / Páx 163 Activid. 1-3 / Páx 164. Activid. 1-2/ Páx 166. Activid. 1-2/ Páx 168. Activid. 1/ Páx 172. Activid. 1-6-7. Tema 8: • Coñecer a unificación política da Península Ibérica durante o reinado dos RRCC. • Describir as institucións da Monarquía autoritaria en Castela e relacionalas co afianzamento do poder real. • Explicar os obxectivos de unidade política, relixiosa, lingüística...dos Reis Católicos, e a política de matrimonios dos seus fillos. • Coñecer a organización económica durante o reinado dos Reis Católicos. • Diferenciar os estilos arquitectónicos da arquitectura do Renacemento español. • Identificar os territorios que conformaban o Imperio europeo de Carlos V e os conflitos internos e externos do seu reinado. • Coñecer as características máis importantes da conquista e goberno español nas indias, e as consecuencias. • Coñecer os órganos de goberno da monarquía dos Austria. • Coñecer a política interior e exterior de Filipe II. • Recoñecer as principais actividades económicas desenvolvidas no século XVI. • Entender como era a vida cotiá na época dos Austria. • Explicar en que consistía o goberno dos validos e as razóns tanto exteriores como interiores que explican a fin da hexemonía de española. • Explicar as características da economía e a sociedade do século XVII. • Detallar as razóns que explican a crise social e económica do século XVII. • Coñecer as características máis salientables da escultura española renacentista. • Coñecer as características máis importantes da obra do Greco, e saber identificalas nalgunha das súas obras. • Coñecer as consecuencias que trouxo para Galicia a política de uniformidade imposta polos Reis Católicos. • Identificar as institucións de goberno creadas polos Reis Católicos para gobernar Galicia e especificar as funcións de cada unha delas. • Comentar as características do estilo plateresco galeno no Hostal dos Reis Católicos Exercicios recomendados: Páx 177 Activid. 3-4/ Páx 180. Activid. 1/ Páx 182 Activid. 1-2-3-4/ Páx 184. Activid. 1-2 / Páx 190 Activid. 1-2-3-4 / Páx 193. Activid. 1-3. Tema 9: • Explicar o termo absolutismo, e as características dos reis absolutos • Recoñecer e comentar nunha imaxe o Pazo de Versalles. • Coñecer os cambios máis importantes da sociedade e da economía no s XVII. • Coñecer os novos valores estéticos introducidos polo Barroco e o contexto político e relixioso . • Identificar en imaxes as características da escultura e a arquitectura epintura barrocas. • Coñecer os aspectos máis importantes da vida cotiá e da cultura do Século de Oro. • Coñecer as novidades máis importantes na arquitectura, escultura e pintura do barroco italiano. • Coñecer as grandes escolas do barroco europeo, e os autores máis salientables. • Comentar nunha imaxe as características da arquitectura e a escultura do Barroco italiano, español ou europeo estudadas. • Identificar os pintores máis representativos do Século de Ouro da pintura española con especial atención á obra de Diego Velázquez. • Detallar as principais actividades comerciais e industriais que se desenvolven en Galicia durante os séculos XVI e XVII, e a achega á agricultura do millo e da pataca. • Especificar as peculiaridades do Barroco en Galicia e analizar obras barrocas, sobre todo de Compostela. Exercicios recomendados: Páx 201 Activid. 1/ Páx 202. Activid. 1-2-6/ Páx 204 Activid. 1-2-3-4/ Páx 206. Activid. 1 / Páx 211 Activid. 1/ Páx 214 Activid. 1/ Páx 215. Activid. 2-3/ Páx 216. Activid. 1/ Páx 217. Activid. 2-3/ Páx 218. Activid. 1-3/ Páx 220. Activid. 2-4/ Páx 224. Activid. 1. Temas 10 - 12 (xeografía) Tema 10: • Coñecer os distintos factores que condicionan a distribución da poboación na superficie da Terra. Definir o concepto de densidade de poboación. • Coñecer os grandes focos ( primarios e secundarios) onde se concentra a poboación no planeta • Comentar nunha gráfica a evolución da poboación mundial, dende o comezo da nosa era. • Entender os conceptos de crecemento vexetativo ou natural, taxa de natalidade, taxa de fecundidade e taxa de mortalidade e como se calculan. • Analizar as consecuencias que xeran os movementos migratorios, os tipos de migracións, e as súas causas, e identificar nun mapa os principais fluxos migratorios a escala planetaria. • Saber que é unha pirámide de poboación, os tipos, e interpretar unha pirámide de poboación típica. • Saber como se reparte a poboación mundial segundo a súa actividade económica ( países desenvolvidos e subdesenvolvidos), e as súas características básicas. • Coñecer as características principais da distribución da poboación española e galega no territorio. • Explicar as características da poboación española: os índices de natalidade e fecundidade, a esperanza de vida e a taxa de mortalidade. • Valorar a achega económica e cultural da inmigración. • Diferenciar o poboamento rural e o poboamento urbano en España e Galicia. • Clasificar a poboación activa por sectores económicos. • Explicar as causas da emigración no pasado e identificar os lugares de destino. Exercicios recomendados: Páx 231 Activid. 1-4/ Páx 233. Activid. 1/ Páx 235 Activid. 1-3. Copiar tipos de pirámides/ Páx 236. Activid. 1 / Páx 238 Activid. 2/ Páx 240 Activid. 1-4/ Páx 243. Activid. 1-2/ Páx 244. Activid. 1-2-3. Tema 11: • Explicar que é unha sociedade e os tipos que hai. • Entender as variables sociedadis e valorar a diversidade social rexeitando as discriminacións (racial, sexual, relixiosa, económica etc) . • Diferenciar as sociedades tradicionais, modernas e posmodernas. • Coñecer o concepto “ sociedade do benestar”. • Coñecer que é o Estado de dereito, a democracia, o pluralismo político, o respecto e a tolerancia para a diversidade como bases da convivencia. • Entender o que é o Índice de Benestar Social e os factores que explican o alto nivel de benestar social español. • Explicar os cambios máis significativos ocorridos na sociedade española e na estrutura familiar e laboral. • Explicar as dificultades de integración da inmigración. • Definir a cultura e cultura de masas. • Coñecer as características máis importantes da sociedade galega, e os retos que ten cara ao futurO Exercicios recomendados: Páx 250 Activid. 2/ Páx 252. Activid. 1-2/ Páx 254 Activid. 1-2. / Páx 256. Activid. 1-2-3 / Páx 261 Activid. 1-2-3-4/ Páx 262 Activid. 1-2-3/ Páx 265. Activid. 2-3/ Páx 268. Activid. 1-2. Páx 272. Activid. 1-4 Tema 12: • Definir as formas de poboamento rural: disperso e concentrado. • Coñecer os factores que definen a cidade e as distintas funcións urbanas. • Coñecer os conceptos: área metropolitana, conurbación, rexión urbana e megalópole • Recoñecer o plano urbano básicos . • Comprender as características das grandes cidades do mundo. • Establecer os catro niveis básicos da xerarquía urbana. • Coñecer os grandes problemas das cidades actuais • Coñecer as particularidades das cidades e mundo rural de Galicia. Exercicios recomendados: Páx 276 Activid. 1-2/ Páx 279. Activid. 4/ Páx 281 Activid. 2-3. Copiar tipos de planos / Páx 283. Activid. 1-2/ Páx 284 Activid. 1/ Páx 286 Activid. 1/ Páx 293. Activid. 1-3/ Páx 294. Activid. 3-5. Páx 298. Activid. 1-5.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS