O Islam

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

O Imperio carolinxio

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Cuestionario Temas 1-2

TEMA 1: OS IMPERIOS BIZANTINO E CAROLINXIO - Que emperador trasladou a capital do imperio a Bizancio? En que século?Por que motivo? Que nome lle puxo, e como pasou a chamarse esta cidade a partir da súa morte? - En que ano e que emperador dividiu o imperio romano entre os seus fillos? - Como se lles chamou ás dúas partes do imperio, e quen foi o seu primerio emperador? -Cando desapareceu a parte occidental do Imperio? Cal foi o último emperador? Quen o destituíu? Para moitos historiadores que novo período comeza? - Cando desaparece a parte oriental do Imperio? Quen o conquista? - En cantos períodos se divide a historia do imperio oriental? Que nome reciben, e cal é o feito máis salientable? - Quen foi Xustiniano? En que século viveu, e que tres actuacións moi importantes realizou? - Marca nun mapa a liña de división do imperio romano, e as fronteiras do imperio de Xustiniano -Que significa a palabra basileus? Que nome recibían as provincias do Imperio oriental, e quen as dirixía? - Que tres elementos principais unificaban todo o imperio oriental, e cal era a base da súa economía? -Que niveis ou categorías formaban a sociedade bizantina? -Que foron as loitas iconoclastas e en que século se produciron? - A que chamamos Cisma de Oriente,cando ocorreu e cal foi a consecuencia? -Que significa o termo “discusión bizantina” - Que dous edificios salientan na arquitectura bizantina? Por que?. Debes saber recoñecelos nunha foto. - En que dous aspectos salienta a arte biznatina? - Cita algunha característica típica das imaxes bizantinas, e nomes de realizacións salientables. Debes saber recoñecelas nunha foto -Quen foi Carlomagno e en que século vivíu?De quen era fillo e neto?Como se chama ao seu imperio? E que límites aproximados tiña - Que proclamou emperador a Carlos? Foi importante este feito? - Cita tres realizacións importantes do seu reinado - En que dividíu o sen imperio para gobernalo mellor?Que xuramento realizaban ao seu rei? - Cal era a base da economía do seu imperio, e que estamentos sociaais había? - Definir e saber identificar nunha ilustración: feudo, reserva señorial, manso, latifundio, barbeito -Que lingua se impuxo para a cultura no seu imperio?Foi unha época importante para a cultura? Por que motivo?Quenes foron os escargados de manter viva a cultura? - Cita algunha característica da arte carolínxia. Que son miniaturas e letras capitais -Cal foi o edifico máis importante desta época? -Describir en dúas liñas como era a capela palatina Que trata asinaron os netos de Carlos para repartirse o imperio do seu avó? Que parte lle tocou a cada un? En que século se dividíu o imperio carolínxio? TEMA 2: O ISLAM -En que século e lugar nace o Islam? Que significa este nome? Que cidades son fundamentais e por que motivo? -A quen se lle revelou o arcanxo Gabriel que era o novo profeta? En que libro está recollida a nova doutrina? Que significa musulmán? - Que feito e ano é tomado como base para o calendario musulmán? - Cales son os cinco piares básicos do Islam? - Explica os seguintes termos: imán/ ulema/ profeta/califa/emir/cadí/valí. - Tras da morte do fundador en que dúas grandes correntes se divide o islam? Como se chama ao sucesor do profeta e que poderes ten? - Marca nun mapa os limites da expansión militar do Islam. Marca a situación das cidades orixinarias e das duas primeiras capitais do imperio. Localiza os tres puntos onde foron derrotados. Que son Koras - Que é unha mesquita? Que son e para que serven as seguites partes: mihrab/quibla/Mimbar/haram/alminar ou minarete/fonte das ablucións - Como se chamaban as dúas primeiras familias que gobernaron o impreio islámico. Onde estableceron as súas capitais. Como pasou o poder dunha á outra? - De que maneira extenderon a nova fe os primeiros gobernantes? E a seguinte dinastía? - Como era o trato aos pobos conquistados? Respectaron a algún grupo religioso? Por que? - Escribe distintas aportacións da cultura islámica (cinco) -Explica os seguintes termos dunha cidade islámica: zoco/ alfóndiga/ alcazaba/sinagoga/alcazar/alcaría/arrabalde/medina/almunia/alfama ou xudaría. - Explica e recoñece nunha imaxe os seguintes elementos da arte islámica: “horror vacui”/ arco de ferradura/ arco lobulado-polilobulado/ mocárabes/arcos entrelazados/arco tumido) arco entibado/ arco angrelado/ arco festoneado/ entrelazados/ decoración de sebka/ alicatados/ decoración caligrafica/estuco/artesonado/alfiz/ bóveda apuntada/ bóveda bulbosa/ bóveda gallonada

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS