OS REIS DA CASA DE AUSTRIA
1517 Carlos V (Alemaña) / I (España)
Fillo Dna Xoana de Castela e D. Filipe de Habsburgo. Educado en Flandres chega a España sen falar español e arrodeado de conselleiros extranxeiros. Convoca as Cortes para pedir cartos para a súa coroación como emperador, e cando marcha en 1520 estoupan os conflictos :
CONFLITOS NO INTERIOR
-Revolta das Comunidades: en varias cidades de Castela fidalgos e comerciantes protestan polas leis comerciais que acaban nunca revolta antiseñorial de cmpesiños conducidos por Padilla, Bravo e Maldonado, que tras ser derrotados en Villalar son axustizados.
Revolta das Xermanías: O mesmo ano da derrota de Villalar estoupa na Coroa de Aragón outro conflicto de campesiños e artesáns polos arrendamentos do campo e o acceso aos cargos nos concellos. Piden ao rei que os protexa, pero este alíase cos nobres e dous anos despois son derrotados.
CONFLITOS NO EXTERIOR
Están motivados pola defensa da autoridade como emperador e do catolicismo
- Enfrontamento con Francia: Tras varias batallas co rei Francisco I pola supremacía europea, derrotouno en Pavía (1525)
- Enfrontamento cos turcos por terra ( no Danubio) e mar. Ocupa Tunes
- Enfrontamento con Alemaña: Os príncipes alemáns apoiaron a Lutero e enfrontáronse á autoridade política do emperador comezando unha loga guerra de relixión. Logo dalgún éxito inicial ten que asinar a Paz de Augsburgo (1555) concedende a liberdade de culto en igualdade a católicos e protestantes nos estados alemáns.
1556 Filipe II
Canso de guerras Carlos abdica no seu fillo Filipe, pero non lle deixa nin os territorios de Austria nin o título de emperador, que llo dá ao seu irmán.Vivirá aínda dous anos máis
Filipe traslada a capital a Madrid (1561) e constrúe o Escorial, desde onde goberna.En 1581, froito da política matrimonial anexiónase Portugal.
CONFLITOS NO INTERIOR . Perseguíu coa Inquisición aos sospeitosos de herexía ou de ter antepasados xudeos ou musulmáns ( limpeza de sangue). En 1567 Sublevación das Alpuxarras : Producíuse por prohibir aos mouriscos de Granada o uso da súa lengua, vestidos e costumes. Logo de tres anos de loita os mouriscos foron derrotados e 80.000 espallados pola Península.
CONFLITOS NO EXTERIOR:
- Enfrontamento con Francia: Vence na batalla de San Quintín (1557)
- Enfrontamento cos turcos: Con Venecia e o Papa vence na Batalla de Lepanto (1588)
- Enfrontamento con Inglaterra: Polo seu apoio aos protestantes e os ataques ás flotas que viñan de América. Contrúe a Armada Invencible que é destruída polos temporais (1588)
- Enfrontamentos con Flandres: As disputas religiosas cos calvinistas e os impostos elevados provocan a sublevación encabezada por Guillerme de Orange que acabou cos territorios divididos en d´çuas zonas: Holanda protestantes e o sur católico.
1598 Filipe III
Fillo de Filipe II é o primiero que deixa o goberno nas mans dun valido ( especie de primeiro ministro), o Duque de Lerma que asina con Holanda a Paz dos Doce anos ( prácticamente un recoñecemento de independencia)
Expulsión definitiva dos mouriscos ( 300.000 ) que deixa sen campesiños amplas zonas do sur
1621 Filipe IV
Nomea como valido ao Conde-duque de Olivares, partidario de impoñerse pola guerra consegue algunas victorias ao principio (Breda), pero una derrotya definitiva en Rocroi termina co poderío militar dos terzos españois.
A Paz de Westfalia (1648 termina coa guerra e a hexemonía española en europa.
Conflitos interiores: A guerra empobreceu e despoboou Castela, o que provoca o levantamento de 1640 en Cataluña, Andalucia E Portugal. A guera con Cataluña ( axudada por Francia) rematou doce anos despois coa paz dos Pireneos, na que se ceden a francia territorios como Rosellón e Cerdeña
Portugal sepárase definitivamente de España proclamando rei ao Duque de Branganza ( Xoán IV ) logo dunha guerra co apoio de Francia e Inglaterra, que os galegos padecemos en cartos e homes máis que o resto da coroa, ao fixarse en Pontevedra a Capitanía Xeral e levar o peso da guerra.
1665-1700 Carlos II
A incapacidade do rei e a corrupción dos validos traen como consecuencia a crise económica e a desaparición da escea internacional. Ao morrer sen descendencia ábrese un conflito sucesorio entre dous candidatos, o francés ( Filipe de Borbón) e o austríaco (Carlos de Austria). Ao vencer Filipe comeza o reinado dos Borbóns en España
Reis da Casa de Austria
10:19 |
Etiquetas:
Presentacións Tema 8
0Comments
Arte Barroco
10:08 |
Etiquetas:
Presentacións Tema 9
O século do barroco
View more presentations from icoico1.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





