A cidade medieval

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Esquema da Reconquista

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Cuestionario Temas 5-6

Neste cuestionario atoparás os aspectos básicos dos temas 5 e 6. Atoparás tamén algunhas indicacións, como páxinas onde atopar as respostas e imaxes que debes coñecer (aínda que, en xeral, seguen a orde do teu libro) e mesmo orientación dalgunhas respostas (en negriña e cursiva). Se tes ben preparadas as respostas ás cuestións aquí recollidas, tes garantida unha boa nota na seguinte proba de avaliación. TEMA 5 A CIDADE MEDIEVAL -Cales eran os reinos máis importantes de Europa ( Norte, centro , sur e leste) durante a Alta Idade Media? -Que son os parlamentos? Quen os compoñía?Quen os convocaba e para que?A que institución sustitúen?Que novo grupos social se incorpora? A quen apoia? -Que melloras que se introducen no campo a partir do S XI e que van dar como resultado unha etapa de prosperidade e aumento de población entre os S XII-XIII: Novas técnicas de cultivo, abonado dos campos, novos instrumentos agrícolas (ver tamén páx 108), uso de animais... -Que consecuencias traen entre os s XII-XIII as melloras agrícolas: máis alimentos, máis población, máis terras cultivadas,emigración campo-cidade e crecemento das cidades, aparición dun artesanato forte, desenvolvemento das feiras e dos mercados locais, rexionais e internacionais e das rotas de comercio, aparición dun novo grupo social enriquecido e que vive nas cidades: a burguesía... -Como eran as cidades na baixa idade media?Describe como eran as rúas, as casas, se tiñan murallas, xardíns, sumidoiros e outras medidas higiénicas… Que tiñan?: murallas,palacios, casa do concello, hospitais, catearais, universidades…. Fala delas -Por que se produce un renacemento das cidades?Que principais funcións tiñan?Que eran as comunas? Que eran os foros?Quen gobernaba as cidades? A que se coñece como patriciado urbano? -Os artesans; quen son? Con que ferramentas traballan?, como se inicia unha persoa como artesán, A que idade.que etapas ten que pasar ata converterse en Mestre? Onde vive e traballa? Os obradoiros están xuntos ou espallados pola cidade? -Que son os gremios? Que poderes tiñan? Que había que facer para ingresar nun gremio?Que son as confrarías? -Explica sobre o mapa da páx 115 as grandes rutas comerciais da baixa idade media en Europa. Cales eran os grandes centros comerciais. Con que produtos comerciaba cada centro?. Cita varias cidades importantes no comercio europeo. Que era a Hansa? Que era unha lonxa?Que diferencia a unha feira dun mercado? -Que era un cambiador de moeda?Que é unha letra de cambio? Que é un banqueiro? Quens foron os primerios banqueiros? -Que é a burguesía? Quen? a compón?Con que se vai aliar para ir mellorando a súa posición e acadar o goberno dos burgos ou cidades? Eran un grupo privilegiado? Como van a gastar parte dos seus beneficios nas cidades? Por que? Que significa o termo patriciado urbano? -Que grupos compoñen o pobo común? Que grupo minoritario existía nas cidades importantes? A que se dedicaban?Onde vivían?Que son os progroms? -Na alta idade Media ( s X-XII) os reis teñen pouco poder En quen se apoian para gobernar o seu territorio? Con que nome coñecemos este feito ( afianzamento do poder real) A partir do S XIII aparecen as monarquías autoritarias que significa este termo? Que aliados buscan os reis para aumentar o seu poder Que lles dan a cambio?A quen van a admimtir no Consello ou Corte Real? Os novos membros van a ter inicialmente algún dereito? -Que inimigos tivo a igrexa neste período? Como combateu contra eles? Que son as cuzadas? Entre que séculos se desenvolveron? Que pretendían? Lograron nalgún momento o seu obxectivo? Que son ordes militares? Cita a máis importante. Que é a Inquisición, e por que outro nome se lle coñece?Que son herexes? Que son autos de fe? -Que dúas ordes relixiosas intentaron recrisitanizar as cidades? Con que nome se lles coñece? Que é un convento? E un frade? -Explica que son as escolas urbanas e as universidades. De quen dependían? Que tipos de estudios se facían nelas? Cita universidades españolas e europeas? -Que era a Escola de Tradutores de Toledo? Que facía? -Cal é a orixe da Guerra dos Cen anos? A que paises enfrontou? Entre que séculos se desenvolve? Durou cen anos consecutivos?Como rematou? -A comezos do SXIV que cambio se producen en Europa: Crise agrícola, peste negra, guerras señoriais. Fala delas. Que consecuencias trouxeran sobre a población?Cal é o motivo final das revoltas campesiñas?E das urbanas?Cita algunha cidade onde se produciron revoltas. Que son os progroms? -Cal foi o conflito social máis importante producido en Galicia?En que século? Quen participou? Cantas guerras houbo? Como remataron? -Comenta sobre o mapa da páx 123 A chegada, lugares de máis impacto, rutas de distribución, e límites da peste negra. Que eran as procesións de flaxelantes e as danzas da morte? -Que é a arte gótica? Cando comeza e remata? Que novas construccións se erixiran neste estilo? Quen impulsa o seu desenvolvemento? -Describe os principias elementos da arte gótica: arco oxival ou apuntado, arcobotantes, gabletes, pináculos, rosetóns, bóveda de cruzaría e de estrela, vidreras, agullas. Que plantas tiñan?Como se consegue que sexan máis altas? -Recoñece as catedrais góticas máis importantes de España e Galicia: León, Burgos(p 143) Sevilla , Santa María do Mar en Barcelona e Tui(p 126).Comenta sobre unha imaxe destes edificios as principias características da arquitectura gótica (Páx 120 e 121) -Que son as gárgolas? Que dous tipos de gárgolas hai? Que diferencias hai entre a escultura románica e a gótica: realismo, proporción, retratos reais, formación de escenas, autores coñecidos Di algunha característica da figura feminina, e da representación da Virxe e o Neno: figuras de pé, retrato realista das figuras, proporcións, traballo cuidadoso da roupa, sensación de movemento adiantando un pé, ventre avultado, relación nai-neno que están interactuando… -Recoñece algúns exemplos de escultura e pintura gótica e comenta as características sobre unha foto: Sepulcro do Infante afonso da Cartuxa de Miraflores , O Doncel de Sigüenza , Sepulcro de Fernán pérez de Andrade o Bo (p145) -Que nova técnica de pintura vai aparecer na época gótica? Que son os retábulos e as táboas?Que son as miniaturas. Que características ten a pintura: realismo, aparición frecuente dos doadores, detallismo, gusto polo retrato, aparición da perspectiva, gusto pola decoración con fondos arquitectónicos, nova valoración da luz e da cor…? TEMA VI -Explica que son os mozárabes e os mudéxares. Cando os mudéxares foron obrigados a converterse ao cristianismo como pasaron a denominarse? -Que son as repoacións?Que poboación vai a realizar as repoboacións? A quen lle vai a entregar o rei as novas terras conquistadas?Que é unha carta de poboamento?Que son alodios, que é unha vila?Que é un concello?Que é o alfoz? Por que motivo no SXI os campesiños libres pasaron a ser servos?Que é unha repoboación concellil? Que son foros? -Que personaxe comezou a Reconquista, en que século, lugar e batalla? -Cal foi o primeiro reino cristián da Península? Cita dous reis deste reino, e que territorios reinaban. -Que rei saltou a fronteira da cordilleira Cantábrica e comezou a ocupación da Meseta? En que século? (Afonso III- IX) Que reino creou? Houbo loitas importantes? -Que significa castela? En que se orixinou o nome? -En que século Castela pasou a se gobernada por condes? De que reino dependía? Que conde logrou independizarse do seu señor?(IX- Reino de León -Fernán González) -Quen foi o primeiro rei de Castela e en que século? (Fernando I -XI) Como chegou a ser rei? (por herencia de Sancho III de Navarra) -No século X que lider musulmán conseguíu para o avance crintián? (Al-Mansur) Que califa gobernaba? Que feito salientable realizou? -Que emperador francés creou a Marca Hispánica? En que século e zona da Península? (Calomagno-s. VIII ) Que era a Marca Hispánica? Quen a gobernaba? -En que tres grandes núcleos territoriais se dividíu a Marca Hispánica? Cales foron as capitais destes núcleos? (Pamplona, Aragón e Condados Catalanes - Pamplona, Xaca, Barcelona) -Cal foi e en que século o primeiro reino cristián da zona oriental da Península? (Pamplona- IX) -Quen conseguíu a independencia? (con Íñigo Arista) Con que rei conseguíu este reino a súa maior extensión? (Sancho III “O Maior”) -Cal foi o segundo reino oriental ? En que século? -Cantos condados integraban esta coroa e cal era a capital? (Aragón- IX) -En que século se independizan os condados cataláns dos gobernantes franceses?Quen consegue a independencia? Cita outro personaxe importante anterior dos condados cataláns e un feito salientable. (X- Borell II- Vifredo o Velloso) -Que eran as parias? Quen as pagou? -Que rei comezou a expansión entre o Douro e o Texo? A que reino pertecía, e que reinos incorporaba na súa coroa? En que século ocorríu? (Fernando I sXI- Castelá con León) -Que rei conquistou Toledo e repoboou as terras entre Douro e Texo? (Afonso VI-XI) -Quen conquistou o reino de Zaragoza? En que século? (Afonso I de Aragón “ O Batallador”) -Quen eran os almorábides? De onde viñán e para que. En que século chegaron e cal foi a súa conquista máis importante. Conseguiron recuperar o seu principal obxectivo? Foi positiva para os musulmáns a súa presencia? (S XI-Valencia) -Que eran os reinos de taifas? -En que século chegaron os almohades? Quen eran e a quen se tiveron que impoñer? (XII- almorávides) -Que son alodios? Que son campesiños libres? Que son as cartas de poboamento?Que é repoblación concellíl? En que territorios se realizaron estas repoboacións? Que son foros? -Que estilo arquitectónico mestura elementos decorativos musulmáns en edificos románicos? Cita as características máis salientables. -Que son os mudéxares? E os mouriscos? -Que rei une definitivamente os reinos de Castela e León? En que século? Como se lle chamou a esa unión? (Fernando III- s XIII- Coroa de Castela) -En que século se produce a independencia de Portugal? Quen a consegue? Que era antes Portugal e de quen se independiza? (Afonso Henríquez-1128 s XII Proclámase Rei de Portugal) -En que século cambio de nome o Reino de Pamplona e como pasa a chamarse? (SXII- Sancho VI- Reino de Navarra) -Quen compoñía a Coroa de Aragón? E quen foi o primeiro rei? (Afonso II de Aragón- Coroa de Aragón- Aragón e o condado de Barcelona- SXII) -En que batalla foron derrotados definitivamente os almohades? En que século? Que reinos se enfrontaron nesta batalla? (Castela, Navarra e Aragón xuntan os seus exércitos e derrotan nas Navas de Tolosa 1212) -En que século rematou a súa reconquista Portugal? Que fixo despois? (mediados do século XIII (1249)- Conquista N África e oriéntase ao mar) -En que século rematou a Coroa de Aragón a súa? Que rei reinaba? Onde paraou a súa expansión? Que fixo despois? (Xaime I “O Conquistador”- XIII- Volve a conquistar Valencia, e ao chegar a Murcia- conquista as Baleares) -Por que é salientable no militar o reinado de Afonso X? Que foi a Escola de Tradutores de Toledo?Por que merece o sobrenome de O Sabio? -Que territorios faltaban por conquistar a finais do século XIII? Quen podía conquistalos? -Foron importantes os s XIV e pare do XV para a Reconquista?Que causas motivaron o parón? -Cal foi o primeiro rei da Casa de Trastámara en Castela? Como ascendeu ao trono? A que rei se enfrontou e por que? (Henrique de Trastámara- SXIVenfrontouse a Pedro I “O Cruel”) -Mapa páx 135 Recoñecer nun mapa os distintos reinos peninsulares en momentos clave - Cita os feitos máis importantes da integración de Galicia no reino de Asturias (Afonso I: zona norte, Afonso II: Santiago e a maioría do territorio, Afonso III: integración total do territorio) ¿ Que foi o primeiro rei independente de Galicia? (Ordoño I, fillo se Afonso III hereda GALICIA ( e parte do N de Portugal) -Quen separou Galicia en dous condados? ( Afonso VI: Galicia e Portugal) -Con que rei quedou Galicia incorporado á coroa de León? Cal foi o nome do último rei galego? – (SXII Afonso VII despois coroado rei de Castela e León) -Que diferencia fundamental existíana sociedade feudal galega con respecto a Castela? -Quen era o señor feudal máis importante de Galicia e por que?.Que son as vilanovas? -Que é o foro? Cales eran os productos máis importantes da agricultura galega? Que cultivo experimentou un gran avance? -Como foi a economía das vilas mariñeiras galegas? En que se especializaron e por que? -Cales eran os productos de comercio máis importantes en Galicia, que vilas e cidades eran as máis importantes. -Como chegou Sabela de Castela a reinar? Contra quen se enfrontou? Canto durou a loita? ( Sabela, irmá de Henrique IV casa en 1469 co príncipe herdeiro da coroa de Aragón En 1479, tras unha guerra de catro anos, e apoiada pola maioría dos nobres, derrota a Dna Xoana) -Quenes uniron as dúas coroas máis importantes da Península? -Como se fixo esta unión? -Con que conquista termina a Reconquista? Quen reinaba no reino musulmán? E como se producíu a conquista? Que ano era? -Que son as corte? Que estamentos participaban?En que século aparecen? -Que diferencia había entre as cortes de Castela e as de Aragón?.

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Cuestionario Temas 3-4

TEMA 3 - Que é o feudalismo? En que século nace e por que causas? - Explica os termos: investidura/vasalaxe/ceremonia da homenaxe/señor/ -Que significa que a sociedade era estamental? Que tres funcións tiñan repartidas os grupos sociais? Cañes eran privilexiados? En que consistían os privilexios? Qque era a alta nobreza? E a baixa? - Que dous tipos de relación de dependencia existían? Entre que grupos sociais se establecían? Que xuraban os nobres ao rei? - Situa sobre unha piramide aos distintos grupos da sociedade feudal (páx 64), e explica as súas principias características. - Cales eran os poderes do rei? Explica a diferencia entre ser rei por elección ou por herencia.Qque significa “primun inter pares”( primeiro entre iguais). De onde proviña o poder real? Que institución avalaba esta orixe? -Que era o Consello Real? E as Cortes? -Que era un cabaleiro?Que etapas pasaba na súa educación, e cando se armaba?Que armas usaba?Que era “velar armas”? - Como dividiron os reis o territorio para poder gobernalo? Explica que e un feudo, e os seguintes termos relacionados: reserva señorial/ manso/ barbeito/ servos. - Que é un castelo? Que partes principais tiña? Explica o significaco dos seguintes termos: torre da homenaxe/almea/matacán/ adarve/ barbacá/ponte levadiza/seteira -Que tipos de campesiños había? Como era a vida dun campesiño, e que porcentaje de poboación representaban? -Que dous tipos de clero hai? Fai un organigrama da organización da igrexa.Que actividades facía no terreo político, económico e social -Explica os termos: paz de Deus/ tregua de Deus/excomunión -Que foron as cruzadase e entre que séculos se desenvolveron?Por que se produciron? -Que e un mosteiro?Quen mandaba nos mosteiros, e que buscaban os monxes ao entrar neles?Cal foi a orde máis importante na baixa idade media e quen a fundou? -Explica os seguintes termos relacionados: sala capitular/ refectorio/ scriptorium/ adega/ hospedería/ claustro - Cando aparece a arte románica?Cal é a súa característica principal?Ten algo que ver con Roma ou cos romanos?Explica e recoñece nunha imaxe os seguintes elementos da arte romanica: arco de medio punto/ciborio/cruceiro/absida/absidiolo/Planta de cruz latina/plantade cruz grega/planta basilical /contraforte/ bóveda de canón e de aresta/ seteira/ transepto/ timpano/ parteluz/ canzorro/óculo xirola/triforio ou tribuna/parteluz, lintel, témpano, arquivoltas, xambas (exercicios das paxs 76 e 81) - Explica as principais características da escultura e pintura románicas. - Explica e recoñece nunha imaxe os seguintes termos relacionados coa escultura e pintura romanicas: fresco/ miniatura/ pantocrator/tetramorfos/ imaxe simbólica/crismon/. Onde se situaban as pinturas e esculturas nunha igrexa? - Cales foron as dúas representación máis usuais da escultura medieval? Onde se esculpía? Que outras esceas se representaron?. Como se representaba á virxe e o neno? TEMA 4 - En que ano chegaron a Hispania os musulmáns?Quen os dirixia?En que batalla comezou a invasión, e contra quen foi? - Fai un cadro coas distintas etapas do Islam, o que século sucederon, as personaxes máis importantes, e os acontecementos máis significativos. Explica o significado de califa, emir, hachib, diwan, valí e cadí -A que se chama reinos taifas? A quen pediron axuda para parar o avance cristián? Cal foi o último reino e o ultimo gobernante islámico? - Escribe distintas aportacións da cultura islámica (cinco) - Describe os cinco grupos sociais que compoñian a sociedade islámica ( árabes, bérberes, muladís, mozárabes, xudíos). Explica o significado de: jassa e amma. - Que son unha escola coránica e unha madrasa? Gustáballes a hixiene, arranxo persoal, perfumes...? Cal era a baase da economía? Cita produtos agrícolas e artesáns importantes - Recoñece nunha imaxe os seguintes elementos da arte islámica: “horror vacui”/ arco de ferradura/ arco lobulado-polilobulado/ mocárabes/arcos entrelazados/arco túmido) arco entibado/ arco angrelado/ arco festoneado/ entrelazados/ decoración de sebka/ alicatados/ decoración caligrafica/estuco/artesonado/alfiz. Que era a maxura? -Identifica os seguintes monumentos: Mezquita de cordoba/Torre del Oro/ Alhambra de Granada/ Giralda de Sevilla/ Alfarería de Zaragoza/ Medina Azahara - En que século se descubre a tumba se Santiago? Que rei de Asturias veu a Santiago e mandou construir a primeira igrexa para acoller os restos do apóstolo? -Cita os nomes dos cinco camiños máis importantes? Nun mapa situa as cinco localidades máis importantes polas que pasa o Camiño Francés. -Explica que eran as seguintes pezas da roupa dun peregrino: bornal/chapeu/escravina/bordón. Que é un milladoiro? - Recoñece nunha imaxe a Catedral de Santiago e o Pórtico da Gloria. Explica as principais característica.Quen construíu a catedral e esculpíu o Pórtico da Gloria?

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

O Islam

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

O Imperio carolinxio

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Cuestionario Temas 1-2

TEMA 1: OS IMPERIOS BIZANTINO E CAROLINXIO - Que emperador trasladou a capital do imperio a Bizancio? En que século?Por que motivo? Que nome lle puxo, e como pasou a chamarse esta cidade a partir da súa morte? - En que ano e que emperador dividiu o imperio romano entre os seus fillos? - Como se lles chamou ás dúas partes do imperio, e quen foi o seu primerio emperador? -Cando desapareceu a parte occidental do Imperio? Cal foi o último emperador? Quen o destituíu? Para moitos historiadores que novo período comeza? - Cando desaparece a parte oriental do Imperio? Quen o conquista? - En cantos períodos se divide a historia do imperio oriental? Que nome reciben, e cal é o feito máis salientable? - Quen foi Xustiniano? En que século viveu, e que tres actuacións moi importantes realizou? - Marca nun mapa a liña de división do imperio romano, e as fronteiras do imperio de Xustiniano -Que significa a palabra basileus? Que nome recibían as provincias do Imperio oriental, e quen as dirixía? - Que tres elementos principais unificaban todo o imperio oriental, e cal era a base da súa economía? -Que niveis ou categorías formaban a sociedade bizantina? -Que foron as loitas iconoclastas e en que século se produciron? - A que chamamos Cisma de Oriente,cando ocorreu e cal foi a consecuencia? -Que significa o termo “discusión bizantina” - Que dous edificios salientan na arquitectura bizantina? Por que?. Debes saber recoñecelos nunha foto. - En que dous aspectos salienta a arte biznatina? - Cita algunha característica típica das imaxes bizantinas, e nomes de realizacións salientables. Debes saber recoñecelas nunha foto -Quen foi Carlomagno e en que século vivíu?De quen era fillo e neto?Como se chama ao seu imperio? E que límites aproximados tiña - Que proclamou emperador a Carlos? Foi importante este feito? - Cita tres realizacións importantes do seu reinado - En que dividíu o sen imperio para gobernalo mellor?Que xuramento realizaban ao seu rei? - Cal era a base da economía do seu imperio, e que estamentos sociaais había? - Definir e saber identificar nunha ilustración: feudo, reserva señorial, manso, latifundio, barbeito -Que lingua se impuxo para a cultura no seu imperio?Foi unha época importante para a cultura? Por que motivo?Quenes foron os escargados de manter viva a cultura? - Cita algunha característica da arte carolínxia. Que son miniaturas e letras capitais -Cal foi o edifico máis importante desta época? -Describir en dúas liñas como era a capela palatina Que trata asinaron os netos de Carlos para repartirse o imperio do seu avó? Que parte lle tocou a cada un? En que século se dividíu o imperio carolínxio? TEMA 2: O ISLAM -En que século e lugar nace o Islam? Que significa este nome? Que cidades son fundamentais e por que motivo? -A quen se lle revelou o arcanxo Gabriel que era o novo profeta? En que libro está recollida a nova doutrina? Que significa musulmán? - Que feito e ano é tomado como base para o calendario musulmán? - Cales son os cinco piares básicos do Islam? - Explica os seguintes termos: imán/ ulema/ profeta/califa/emir/cadí/valí. - Tras da morte do fundador en que dúas grandes correntes se divide o islam? Como se chama ao sucesor do profeta e que poderes ten? - Marca nun mapa os limites da expansión militar do Islam. Marca a situación das cidades orixinarias e das duas primeiras capitais do imperio. Localiza os tres puntos onde foron derrotados. Que son Koras - Que é unha mesquita? Que son e para que serven as seguites partes: mihrab/quibla/Mimbar/haram/alminar ou minarete/fonte das ablucións - Como se chamaban as dúas primeiras familias que gobernaron o impreio islámico. Onde estableceron as súas capitais. Como pasou o poder dunha á outra? - De que maneira extenderon a nova fe os primeiros gobernantes? E a seguinte dinastía? - Como era o trato aos pobos conquistados? Respectaron a algún grupo religioso? Por que? - Escribe distintas aportacións da cultura islámica (cinco) -Explica os seguintes termos dunha cidade islámica: zoco/ alfóndiga/ alcazaba/sinagoga/alcazar/alcaría/arrabalde/medina/almunia/alfama ou xudaría. - Explica e recoñece nunha imaxe os seguintes elementos da arte islámica: “horror vacui”/ arco de ferradura/ arco lobulado-polilobulado/ mocárabes/arcos entrelazados/arco tumido) arco entibado/ arco angrelado/ arco festoneado/ entrelazados/ decoración de sebka/ alicatados/ decoración caligrafica/estuco/artesonado/alfiz/ bóveda apuntada/ bóveda bulbosa/ bóveda gallonada

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS