Xeografía T 10-11-12

TEMA 10 1.- Que son focos de población? Que son focos primarios e secundarios de población? Onde están e que población teñen os focos primarios e secundarios? 2.- Que factores explican a distribución irregular da población polo planeta? 3.- Que é densidade de población e en que se expresa? 4.- Que é un censo de población? 5.- Saber explicar as ideas básicas da gráfica da evolución da población mundial (p.229) 6.- Que características tiña o modelo da población do Antigo Réxime ( ata s XVIII) 7.- Que é a revolución demográfica, cando ocorreu, e que cambios trouxo? Afectou a todos os países? 8.- Que características teñen na actualidade os modelos dun pais pobre e dun rico? 9.- Que son e como se calculan os seguintes conceptos: -Crecemento natural ou vegetativo -Saldo migratorio - Taxa de natalidade - Taxa de mortalidade - Taxa de fecundidade 10.- Que son as migracións, e como se dividen? Que ocorre se o saldo migratorio é positivo ou negativo?Como é a distribución básica da poboación en España e Galicia, e como son os movementos de poboación en ambas? 11.- Saber comentar nun mapa do mundo ou dalgún continente os movementos migratorios (p241) 12.- Que é unha pirámide de población, como se constrúe e que tramos ten? 13.- Que é o triángulo ideal, e que tres formas básicas de pirámides hai? A que tipos de país corresponden? 14.-Saber comentar unha gráfica de forma típica ( p 235- 246) Que é población activa, e quen a compón? Que é población inactiva? Que é a taxa de actividade? 15.- Cantos sectores produtivos hai, e que tipos de actividades comprenden? Saber comentar unha gráfica de sectores ( p 235) 16.- Que é o paro? 17 Que perspectivas demográficas se prevén para España e galicia no futuro inmediato? TEM 11 1.- Identificar sobre un mapa as grandes áreas culturais 2.- Cita tres características das sociedades tradicionais, tamén chamadas preindustriais ou precapitalistas 3.- Cita tres características das sociedades posmodernas ou posindustriais 4.- cales son as tres preocupacións fundamentais dun estado do benestar? 5.- Que deben tratar de respectar os inmigrantes que chegan a un país, e que debe respectar o país receptor? Que é integración? TEMA 12 1.- Cita cinco funcións que podan desempeñar as cidades ( político militar, comercial ou financieira, industrial, turístico cultural…Cita algunha cidade exemplo 2.-Que é a trama urbana? Que tipos de plano urbano hai?Cita algunha cidade ejemplo 3.-Que tipo de plano ten a zona vella ou centro histórico dunha cidade?Exemplo 4.- Que son os ensanches, cando se fixeron, e que dous tipos de plano adoitan ter?Exemplos 5.- Que son os barrios periféricos, cando se desenvolveron e que tipos de edificios poden ter? 6.- Que son áreas metropolitanas? Ejemplo 7.-Que son megalópoles? 8.- Explica que son metrópolis globais, mundiais, nacionais e rexionais ou comarcais.Pon ejemplos 9.-Cita algunha cidade do mundo onde: Se tomen decisións financieiras globais/ - Se concentren os grandes bancos/ - Sexan sede de grandes compañías multinacionais/ - Teñan un papel fundamental na tecnología ou investigación/ - Sexan as cidades culturais de planeta/ Sexan grandes centros religiosos/ - Sexan centros de atracción turística/ - Sexan as capitais da moda

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Barroco (Tema 9 )

Que é o Cinquecento?Onde se produce e quen son os mecenas? Identifica e comenta as caracteísticas da pintura de Leonardo, Miguel Anxo e Raffaello Sanzio (Rafael),Identifica e comenta as características da escultura de Miguel Anxo Di que características ten o Renacemento en Flandes e Alemaña, e cita pintores importantes Que pasou coa poboación europea no s XVII? Na sociedade estamental europea comeza algún cambio? Que rutas comerciais internacionais existen no s XVII? Que compañía comercial nace nesta época, para que, e quen a imita? Que eran e como funcionaban as primeiras manufacturas? Que cambios políticos e relixiosos teñen lugar na Europa do XVII? Que é a monarquía absoluta e que poderes tiña.Que rei representa o poder absoluto? Que estilo artístico abrangue os s XVII-XVIII? Cita as características máis importantes Que institucións apoian a nova arte? Como é a arte dos países protestantes? Que palacio é o exemplo dos palacios barrocos. Cita algunas características?Quen o contruíu? Cita os dous arquitectos italianos máis salientables e alguna obra Identifica as seguntes obras de artistas italianos : Fontana de Trevi ( Nicolás Salvi) Praza de San Pedro (Bernini) Apolo e Dafne ( Bernini) Cúpula de S Carlos das Catro Fontes ( Borromini) Baldaquino de S Pedro ( Bernini) Cita as catro características máis salientables da pintura barroca europea Identifica as obras destes pintores holandeses: As tres Grazas A Adoración dos Reis Magos (Rubens) Rolda nocturna , Lección de anatomía, Autoretrato(Rembrandt). Identifica as obras de Velázquez e di as principais características da súa pintura: Triunfo de Baco, As fiandeiras, As Meninas, Cadro das Lanzas, Filipe IV, O Augador, A fritidora de ovos, A Fragua de Vulcano, A Venus do espello Identifica o Martirio de San Filipe de Ribera e Santo Hugo no refetorio dos cartuxos de Zurbarán. Comenta algunha característica Identifica e comenta características dos seguintes edificios barrocos galegos / Concello de Lugo Fachada do Obradoiro e torre do reloxio de Santiago. Casa do cabido Retablo da Igrexa d e Saan Matiño Pinario e Baldaquino da catedral de santiago. Fachada da igrexa de Santa Clara

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Reis Católicos-Plateresco-Renacemento1

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

cuestionario Tema 8

TEMA 8 -Que pretendían os Reis Católicos no seu reinado? -Que medidas tomaron para a unificación dos reinos peninsulares? -Que pretendían coa súa política matrimonial, e con que reinos buscaron alianzas? -Que outras medidas tomaron para uniformizar o futuro reino peninsular? -Que actuacións no exterior tiveron as coroas de Castela e Aragón no reinado dos RR Católicos? -Que territorios herdou Carlos I e que conflictos se atopou á súa chegada á península -Explica brevemente os conflictos europeos de Carlos V -Explica os conflictos internos de Felipe II, e como os solucionou -Explica brevemente os conflictos exteriores de Felipe II -Que sucede una agricultura, industria e comercio na España do S XVI? -Beneficiou a chegada de metáis preciosos á poboación española? -Explica como evolucionou a poboación nos s XVI -XVII en España e Galicia -Que grupos sociais existían en España nestes séculos, e que carácterísticas tiñan -Como se alimentaba e divertía a poboación nestes séculos? -Explica que foi o valido de Filipe III, e o feito máis salientable no interior e no exterior do seu reinado -Explica que foi o valido de Filipe IV, e o feito máis salientable no interior e no exterior do seu reinado -Como pasou a coroa española á Casa de Borbón? -Explica a crise demográfica do XVII en España e Galicia.Cales foron as causas? -Que é o humanismo. Onde aparece? -Cales son as bases do humanismmo? -Cita aos humanistas máis importantes -Que é a imprenta de tipos móviles? Quen a inventou? Que importancia tivo? -Explica que son as academias e os mecenas -Que se coñece por Reforma e cales son as causas? -Que motivos provocaron a ruptura de Lutero? Cal foi o definitivo? -Quen era Lutero, cales son os principios básicos que defende? -En que países tivo máis éxito a reforma? -Cita outros reformadores, o que apoiaban, e onde tiñeron éxito -Como loitou a Igrexa contra a refora: Explica que era a Inquisición, o Índice e os autos de fe -Que foi o concilio de Trento, e que decisións importantes se tomaron nel -Que dúas ordes religiosas difundiron as ideas da contrarreforma? -Que novas ideas se van imponiendo en Italia (individualismo, fama…) que conducen ao Renacemento? -Que é o Renacemento? Que pretendían? Que cambios importantes hai coa I. Media?Que nova concepción comenza a aparecer na arte? -Que é o Quattrocento?Onde se desenvolve?Quen foron os mecenas? -Cita as principais innovacións arquitectónicas, e dous arquitectos importantes -Como representaban o corpo humano? Cita a dous escultores importantes -Que innovacións importantes se produciron na pintura? Cita a dous pintores -Saber comentar sobre un cadro, unha escultura ou un edificio da época estas innovacións ( p.exemplo.” O nacemento de Venus”, O David… - Coñecer vocabulario básico da arte renacentista: sfumatto, claroscuro, tenebrismo, perspectiva aérea, perspectiva lineal, pieta... -Fala das características da escultura renacentista en España, e o motivo que as provoca -Comenta sobre un cadro das principias caractérísticas da pintura do Greco

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Reinado Reis Católicos e Austrias

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

Cuestionario Tema 7-8 (parc)

TEMA 7/8(parte): Viaxes,descubrimentos e conquistas Que era a Ruta da Seda? Que produtos traía e de onde?Onde remataba? Quen países distribuían para Europa estes produtos? Cal foi o motivo polo que comezaron as grandes viaxes marítimas? Que reino comezou e en que século? Que membro da casa real creou unha institución para mellorar as viaxes en barco? Como se chamaba e quen a compoñía? Cal era o seu obxectivo? Que primeiros froitos deu? Que causas xerais favoreceron os descubrimentos xeográficos? Cita catro e explica adiantos que fixeron posible as navegacións oceánicas Que obxectivos perseguía Portugal en África? Cal foi o primeiro navegante oceánico relevante e que fixo? Que dúas rutas existían para chegar ás Indias? Quen as comezou e en que século? Que primer acordo asinaron Portugal e Castela para evitar rivalidades en África? En que consistíu o acordo? Tivo fácil Colón levar adiante o seu proxecto?Onde o intentou? Cal era o principal problema? Que documento asinaron Sabela de Castela e Colón. Cita os acordos máis importantes que establecían. Cumplíuse este acordo? De onde saíu a expedición e de que naves estaba composta? Cando chegou e a que lugar? Tocou nesta viaxe algún outro lugar ? Cantas viaxes fixo Colón? En que data viu por primeira vez terra? En que viaxe tocou terra continental e onde foi? Que tratado repartía as terras descobertas entre España e Portugal? Que dicía o Tratado e quen intermediou para que se asinara? Cita quen descobreu o O.Pacífico, quen deu a primeira volta ao mundo , quen percorreu o Amazonas, quen conquistou os territorios de California, Texas… e quen conquistou as Filipinas. En que reinado se efectuaron? Sitúa nun mapa as principais culturas precolombinas e as súas capitais Cita quen conquistou Mexico e quen reinaba, que culturas existían no territorio do actual México e características importantes ( catro) destas civilizacións Cita quen conquistou o Imperio inca e quen reinaba. Cita características importantes (catro) deste imperio. Tardaron moito os españois en conquistar os territorios americanos? En cantas fases o fixeron? A que institución se encomendou o goberno dos novos territorios?Que funcións tiña? Que eran os vicerreinados e cantos había? Explica as institucións de goberno que Castela implantou en América: gobernacións, cabidos e audiencias Cales foron os produtos máis buscado polos españois? Cita as dúas minas máis importantes explotadas polos españois. Onde estaban e que metal se obtiña? Que outras actividades económicas se realizaron en América e como e organizaban? Explica que era a encomenda e a mita. Que lei se promulgou para evitar os abusos aos indios, e algún defensor dos seus dereitos Cita cales foron os principais productos agrícolas que se trouxeron de América. Con que parte se quedaba a Coroa do comercio americano, e donde se centralizaba o comercio. Que introduciron os europeos en América? Cales foron as consecuencias da conquista para os pobos amerindios? E para España?

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

A Reconquista

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS